Dúas profesoras, Isabel e Mari, viaxaron a Cardiff, Gales, no Reino Unido esta semana pasada. Esta viaxe enmárcase dentro dun Proxecto Europeo de Inclusión e Convivencia Erasmus +, "Family Engagement Teacher Training" no que participa o noso centro.
Ademais de facer o curso de formación, voltaron moi sensibilizadas coa conmemoración que estaban vivindo en todas as escolas de Cardiff, nas rúas, nos edificios oficiais... e achegáronnos información, vivencias, folletos, libros... arredor desta data, o Día do Recordo, Poppy Day.
Ás 11 horas do día once do mes once hai 100 anos, sabedes o que pasou???
Ás once da mañá, do día once, do undécimo mes de 1918, firmouse o armisticio co que se deu por acabada, formalmente, a Primeira Guerra Mundial.
A profe Isabel e Mari trouxeron papoulas coas que as agasallaron nos colexios galeses.
O símbolo del Poppy Day o día do Recordo en Londres é unha papoula vermella. As flores da papoula medran silvestres nos campos da rexión de Flandes donde se libraron moitas batallas da
Gran Guerra .
http://osananosmaisaltos.blogspot.com/2018/11/dia-do-recordo.html







